Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 2/19 da Comisión sectorial nº 3
Como estaba previsto, conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do CES e co obxecto de dar continuidade ao grupo de traballo sobre os fondos de cohesión europeos na perspectiva 2021-2027 no que está a traballar o Consello, convócase a sesión 2/19 da Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento rexional, para o vindeiro xoves, 7 de febreiro, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Comparecencia do xefe de gabinete da Consellería do Mar, Antonio Basanta Fernández, para explicar as perspectivas e novidades do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
- Comparecencia do subdirector xeral de Planificación e Coordenación de Fondos da Consellería de Medio Rural, Juan Manuel Martínez Barral, para falar dos recursos e plans para a agricultura.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz