Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 12/17 da Comisión sectorial nº 4
Segundo o acordado na reunión anterior, e conforme co artigo 30 de
Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 12/17 da
Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, para mañá,
xoves, 29 de xuño, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº
24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Continuación do estudo da Proposta de Consideracións do capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2016.
- Análise da proposta do novo capítulo 5.- Recursos e capacidades para o desenvolvemento da Memoria 2016.
- Resumo do capítulo 5 para consideracións.
Lémbrolle que a Comisión decidiu establecer un prazo para remisión de
aportacións ou achegas que remata o vindeiro martes, 27 de xuño. Como sempre,
prégolle que envíe ás súas contribucións ao enderezo
consideracions@ces-galicia.org - Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz