Comisión Sectorial IV: sesión 10/17

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 10/17 da Comisión sectorial nº 4

Segundo o acordado na reunión anterior, e conforme co artigo 30 de
Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 10/17 da
Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, para o vindeiro
mércores, 21 de xuño, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo,
nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Remate do estudo da proposta de Consideracións para o capítulo 3.
  3. Proposta de aprobación das Consideracións do capítulo 1 da Memoria, pendente da sesión anterior.
  4. Análise da proposta de novo capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2016..
  5. Proposta de Consideracións do capítulo 2.

    Lémbrolle que a Comisión decidiu establecer un prazo para remisión de aportacións ou achegas que remata o vindeiro martes, 20 de xuño, ás 12:00 horas, aínda que lle agredecerei que adiante a súa remisión tanto como sexa posible. Como sempre, prégolle que envíe ás súas contribucións ao enderezo consideracions@ces-galicia.org

  6. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz