Pleno, sesión 2/17

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 2/17 do Pleno do CES

Acórdase convocar o Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, na súa
sesión 2/17, para o vindeiro xoves, 15 de xuño, ás 12:30 horas en primeira
convocatoria e ás 13:00 horas en segunda convocatoria, na sedo do
CES-Galicia (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), para
tratar os seguintes asuntos da

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da actas das sesións anteriores.
  2. Proposta de aprobación do ditame sobre o anteproxecto de Lei de Portos de Galicia.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017
A PRESIDENTA
Asdo.: Corina Porro Martínez

Asunto: remisión do ditame sobre a modifación do decreto do Observatorio
Galego de Dinamización Demográfica para a sesión 2/17 do Pleno do CES

En cumprimento do acordo da Comisión Permenente do Consello Económico e
Social de Galicia (sesión 3/17), xúntolle o ditame facultativo sobre o
Proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 104/2016, do 28 de xullo,
que regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, para a súa
ratificación polo Pleno na súa sesión de mañana.

Logo da solicitude recibida, o dito ditame foi aprobado cun trámite inusual,
a través da modalidade de ditame facultativo prevista na Lei de creación do
CES, por unanimidade da Comisión Permanente

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz