Comisión sectorial II: sesión 1/17

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 1/17 da Comisión sectorial nº 2

Conforme co artigo 30 do Regulamento de Réxime Interno do Consello, e
segundo a previsión establecida, convócase a sesión 1/17 da Comisión
Sectorial nº 2, Sector público e benestar social, para o vindeiro luns, 17
de abril, ás 10:30 horas, na sede do Consello Económico e Social de Galicia
(r/Algalia de abaixo, 24, en Santiago), coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Estudio das alegacións presentadas en relación co proxecto de decreto
polo que se modifica o Decreto 104/2016, do 28 de xullo, polo que se crea e
regula o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.

3.- Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz