Data e hora: Array
Conforme co artigo 30º do Regulamento de Réxime Interno do Consello e segundo o acordado na reunión anterior, convócase a sesión 7/14 da Comisión Sectorial nº 4, Memoria sobre a situación socioeconómica, para o vindeiro martes, 17 de xuño, ás 10:15 horas,,na sede do Consello Económico e Social de Galicia (r/Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Análise da nova versión do capítulo 1.– Panorama xeral, da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2013, coas modificacións acordadas en sesións anteriores.
3.- Análise da proposta de Consideracións do capítulo 1. da Memoria Galicia 2013.
4.- Análise da nova versión do capítulo 2.– Mercado de traballo e relacións laborais, da Memoria , coas modificacións acordadas en sesións anteriores.
5.- Análise da proposta de Consideracións do capítulo 2. da Memoria Galicia 2013.
6.- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014
O SECRETARIO XERAL