O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, visitou hoxe a sede do Conselho Económico e Social de Portugal, en Lisboa, onde foi recibido polo seu presidente, Luís Pais Antunes. Ámbolos mandatarios mantiveron unha interesante reunión de traballo na que abordaron distintos asuntos relacionados con estes organismos consultivos.
Na súa conversa, Pais e Pérez acordaron manter contactos para afianzar unha relación institucional fluída que permita eventuais colaboracións en materias da competencia das súas respectivas institucións, como vehículos de representación da sociedade civil organizada nos seus ámbitos territoriais.