A presidenta do Consello presenta a Memoria Galicia 2011

O Consello Económico e Social presentou hoxe a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2011, nunha rolda de prensa a cargo da presidenta do organismo consultivo. Corina Porro salientou o esforzo de consenso que fixeron os membros do Pleno e a unanimidade acadada nas Consideracións propostos no memoria.

O Consello Económico e Social presentou hoxe a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2011, nunha rolda de prensa a cargo da presidenta do organismo consultivo. Corina Porro salientou o esforzo de consenso que fixeron os membros do Pleno e a unanimidade acadada nas Consideracións propostas na Memoria.

A presidenta fixo un breve resumo do contido deste traballo, que comeza cunha panorámica xeral da situación económica mundial, de España e Galicia, continúa coa análise do mercado de traballo e as relacións laborais nestes momentos de crise, estudia a estrutura produtiva e do dinamismo empresarial galego, antes de pormenorizar distintos aspectos dos indicadores da calidade de vida e do benestar social, para rematar co capítulo adicado as capacidades de desenovolvemento de Galicia.

Como sempre, a Memoria inclúe as Consideracións, recomendacións ou indicacións sobre os aspectos máis destacables da realidade económica e social de Galicia no úlitmo ano e propostas sobre a súa evolución.

A presidenta, Corina Porro aproveitou a presentación para facer un repaso do seu primeiro ano á fronte do Consello. Falou da actividade institucional desenvolvida, da implementación de distintas melloras nos procedementos do CES, do adianto dos prazos de realización dos ditames que se solicitan do organismo e mesmo fixo unha breve presentación da nova páxina web, que tenta ser un novo vehículo, máis doado e funcional, para achetar a atividade deste organismo aos cidadáns de Galicia.