inicio - Novas - O fiscal superior de Galicia visita a sede do CES

O fiscal superior de Galicia visita a sede do CES

18/05/2017
O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes Pérez, cursou unha visita institucional ao Consello, dentro da xeira de contactos que ven mantendo coas distintas institucións. Acompañado da presidenta do organismo, Suanzes percorreu as instalacións e interesouse polo funcionamento do CES, polas súas actividades e procedementos de actuación. Nun ambiente distendido, os dous responsables posaron na sala do Pleno.