inicio - Novas - 50 propostas para relanzar o sector industrial

50 propostas para relanzar o sector industrial

28/02/2018

O Consello Económico e Social presentou as 50 propostas consensuadas por todos os axentes do sector industrial para relanzar este grupo de actividades e garantir un crecemento económico inclusivo. No acto de presentación pública, a presidenta do CES, Corina Porro, "pasou o testigo" da iniciativa "Por unha alianza do sector industrial galego" á Administración, aos encargados da toma de decisións. O documento xa está dispoñible na web do Consello.

En presencia de máis dun cento de representantes dalgunhas das máis importantes empresas de Galicia, dos axentes socioeconómicos e da clase política, o acto volveu a plasmar a alianza de todos os implicados: a presidenta do CES, organismo que lideró a iniciativa, estivo acompañada polos secretarios xerais de UGT e de Comisións Obreiras, polo representante da CIG, o da Confederación de Empresarios de Galicia, os reitores das Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo e a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo e contou coa presencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

Na súa intervención, Porro salientou o esforzó de consenso, de atopar ideas compartidas e viables que fixeron os axentes implicados. Cumplido o papel do CES, a presidenta avogou porque o informe "non quede nun caixón" e" indicou que "agora é o turno dos xestores, dos que teñen a responsabilidade de tomar decisións".

"Espero que o informe sexa útil para o seu departamento –dirixiouse ao conselleiro–, para o sector no seu conjunto e, en definitiva, para Galicia", rematou.