O presidente do CES Galicia, ven de presentar en Rouen, perante o grupo de traballo de emigración da RTA que preside, a primeira fase do informe que se está a elaborar sobre “Os retos demográficos e as migracións en las regiones atlánticas”.
Levouse a cabo unha homoxeneización dos datos estatísticos correspondentes aos CES/CESER que forman parta da RTA e conforman a fachada atlántica (Canarias, Andalucía, Extremadura, Galicia, Castela e León, País Vasco, Bretagne, Normandia, Pays de la Loire, Nova Aquitania, Centre Val de Loire, Forum océano de Portugal), que se plasmaron nas correspondentes fichas, así como un resumo executivo das principais conclusións (similitudes e diferencias) que existe entre as diversas rexións representadas.