Descarbonizar a produción de enerxía é unha necesidade para as nosas sociedades europeas, pero non é un camiño doado. O reto de dar pulo ás enerxías renovables presenta dificultades en distintos eidos. O Consello Económico e Social de Galicia organiza unha xornada de reflexión sobre este asunto, que se celebrará no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela o vindeiro 5 de xuño. Axentes socioeconómicos, expertos e responsables de distintas entidades debaterán o futuro destas fontes de enerxía en Galicia, as súas posibilidades o tamén os puntos menos claros.
Por unha parte, comentaranse os aspectos económicos, sociais e de viabilidade do desenvolvemento industrial que impoñerá o proceso de descabornización. Por outra banda, reflexionarase sobre os aspectos territoriais, ambientais e de desenvolvemento rural do novo paradigma.