O Consello Económico e Social, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, está a organizar unha xornada de reflexión e debate titulada “Adiccións e xuventude”, que pretende abordar esa realidade desde unha perspectiva multidisciplinar con expertos de diferentes eidos. A sesión celebrarase en Santiago o vindeiro 9 de outubro.
Ponencias e mesas redondas darán voz a profesionais que traballan neste campo e permitirán debuxar unha imaxe completa da situación, desde o cómo e o porqué do abuso do consumo de substancias ao do papel das redes sociais e as pantallas.