Analizar polo miúdo o impacto socioeconómico do turismo en Galicia é o obxectivo da xornada que celebrará o Consello Económico e Social en Santiago de Compostela o vindeiro día 22 de novembro. Organizada en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e enmarcada no protocolo de colaboración asinado polo CES cos seus homólogos fronteirizos con Portugal, o evento tenta amosar as distintas facianas dunha actividade de singular importancia na economía e o emprego, en particular nalgunhas zonas.
Analizar polo miúdo o impacto socioeconómico do turismo en Galicia é o obxectivo da xornada que celebrará o Consello Económico e Social en Santiago de Compostela o vindeiro día 22 de novembro. Organizada en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e enmarcada no protocolo de colaboración asinado polo CES cos seus homólogos fronteirizos con Portugal, e evento tenta amosar as distintas facianas dunha actividade de singular importancia na economía e o emprego, en particular nalgunhas zonas.
A xornada artéllase en torno a tres relatórios principais. Por unha banda, unha visión xeral de Galicia como destino turístico, a cargo da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro. De seguido, o foco centrarase no impacto do Camiño de Santiago, o “produto estrela” deste sector na Comunidade, cunha conferencia a cargo do profesor da USC Melchor Fernández. O terceiro segmento estará adicado ao Camiño en Portugal e contará coa presencia da directora do Departamento de Desenvolvemento e Innovación de Turismo de Portugal, Teresa Ferreira, e do presidente da Associaçao do Caminho Português de Santiago, Joao Gomes de Abreu de Lima.
Como é habitual, a xornada rematará cunha mesa redonda na que participarán representantes das organizacións e entidades do CES para debatir as repercusións económicas e sociais da actividade turística.
Pode consultar o programa completo nesta páxina. O acceso á xornada é libre para calquera persoa interesada aínda que, por motivos de organización, agradeceremos que faga efectiva a súa inscripción no seguinte formulario: https://www.ces-galicia.org/impactoturismo .