A ordenación do espazo marítimo e litoral ven cobrando cada vez máis importancia nas últimas décadas, debido ao aumento da intensidade de uso dos océanos e a necesidade do seu uso e xestión sustentables. Esta ordenación implica unha xestión planificada das zonas costeiras e marítimas para evitar a sobreexplotación e minimizar os impactos sobre os ecosistemas. A procura dun equilibrio entre aproveitamento económico, protección ambiental, e regulamentos de uso fai que sexa necesario coordinar esforzos e buscar canles de aproximación entre as administracións, a academia e as comunidades litorais.
Esta xornada, organizada polo IDEGA, terá lugar o día 4 de xuño de 2025, na sede do CES-Galicia, no Pazo de Amarante, Santiago de Compostela, oriéntase, en especial, aos desafíos que presenta o desenvolvemento do sector eólico mariño en Galicia.
A asistencia é de balde. Para asistir é preciso inscribirse en:
Aforo limitado a 40 participantes.
