Os membros do CES celebraron, no marco dunha sesión da Comisión sectorial nº 1, unha xornada de debate para afondar nas conclusións que se acadaron no recente informe “Tecido empresarial galego e dinâmica empresarial. Análise comparada”, aprobado polo Pleno do CES o pasado 4 de decembro. As distintas organizacións expresaron as súas opinións sobre as máis de treinta propostas concretas que recolle o documento de cara a eliminar ou aminorar as dificultades que atopan as empresas gallegas para gañar dimensión e posición no mercado.
