Xornada de análise sobre o desemprego na xuventude galega

Colaboración entre o CES e o IDEGA

A complicada situación laboral da xuventude galega será o tema dunha xornada de estudio, análise e reflexión que celebrará o Consello Económico e Social de Galicia o vindeiro 14 de maio. Organizada en colaboración co Insituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, a xornada leva por título “Situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega” e contará coa participación de expertos da institución universitaria, centros de estudos e con representantes das organizacións membros do CES.

Entre outros aspectos, está previsto profundizar nas tendencias demográficas na comunidade autónoma, tanto actuais como futuras, comparacións entre o desemprego xuvenil en Galicia e noutras zonas de Europa ou a exclusión social e o crecemento da desigualdade, ademáis das consecuencias da saída de migrantes xóvenes.

Está previsto que a xornada finalice cunha mesa redonda sobre posibles reformas e propostas de actuación.