Un grupo de membros e traballadores do Consello Económico e Social, encabezados polo presidente do organismo, Manuel Pérez, visitou onte a factoria do grupo Stellantis na cidade de Vigo. Responsables da marca explicaron brevemente a historia das instalacións e a realidade do grupo como un dos actores principais no mercado mundial da automoción antes de comezar unha visita guiada para coñecer in situ todo o proceso, altamente automatizado, que leva desde as bobinas de aceiro ata o vehículo rematado. Os visitantes agradeceron a invitación e valoraron moi positivamente a experiencia.
