Recentemente, ven de publicarse no DOG (nº 247, do venres 28 de decembro de 2018), no marco da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, unha modificación da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia que afecta ao artigo 7, relativo á composición do organismo e á forma de designación dos seus membros.
A principal novidade é a inclusión dun representante da economía social como parte do Grupo III e o aumento do número de membros de cada un dos tres grupos do Consello, que pasan a ter doce membros cada un (un máis que ata agora).