A RTA segue a traballar sobre a Estratexia Atlántica e o corredor atlántico de transportes

O Comité de Orientacións da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais reuniuse hoxe na localidad francesa de Rennes, coa presencia de presidentes e secretarios xerais dos organismos.

O Comité de Orientacións da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais reuniuse hoxe na localidad francesa de Rennes, coa presencia de presidentes e secretarios xerais dos organismos. Na reunión, os membros da RTA puideron coñecer o estado dos traballos que desenvolve a organización, en particular sobre a revisión do plan de acción da Estratexia Atlántica. Tamén coñeceron o estado de situación do grupo de traballo sobre o corredor atlántico de transportes.

A sesión rematou coa elección do representante do CESER da Bretaña, Patrick Caré, como novo presidente da organización para os vindeiros anos.

Na imaxe, os presidentes dos CES da RTA, en Rennes.