A Rede Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos Consellos Económicos e Sociais da fachada atlántica europea, participou no Fórum do Mar 2018 Business2SEA, que se celebrou na cidade portuguesa de Oporto, para amosar a súa experiencia en cooperación interrexional e transfronteiriza. Organizado por Fórum Océando (entidade que fai parte da Rede) e por Cetmar, o congreso reuniu a expertos de distintas entidades, institucións e empresas de actividades relacionadas coa ecónomía marítima. O CES de Galicia estivo representado pola súa presidenta e mais o secretario xeral.
A RTA é un marco de cooperación transatlántica para os CES, que poden abordar en conxunto asuntos e preocupacións comúns. Un dos seus máis recentes estudos fai referencia ás consecuencias do Brexit para estes territorios. Tamén ten elaborado informes sobre a implementación da Estratexia Atlántica da Unión Europea.
Na imaxe, a presidenta do CES acompañada, entre outras persoas, polo presidente de Fórum Océano, o xerente de Anfaco-Cecopesca e a directora do Cetmar.