Reunión dos CES españois preparatoria do próximo comité de orientacións da RTA

Os CES españois membros da RTA, entre os que se atopa o CES Galicia, acercan posturas para a próxima reunión do comité de orientacións que se celebrará en maio na localidade francesa de Rennes.  

Na reunión de onte acordaron propor como próximo tema de traballo da RTA a Macrorexión Atlántica así como ver formas de colaborar para traballar en dous ámbitos que hoxe en día adquiren especial relevancia, o despoboamento e a inmigración/emigración.