Reunión dos CES atlánticos españois para coñecer o proxecto Atlantic cities

O presidente do CES Galicia, xunto cos presidentes dos CES de Andalucía, Castela e León, Extremadura e País Vasco, reuníronse en Madrid cos representantes de Atlantic cities co obxecto de poñer en común os traballos realizados na defensa do marco atlántico e buscar fórmulas para colaborar na defensa do arco atlántico e as súas posibilidades. A asociación Atlantic cities constitúese como como unha voz única e singular para as cidades Atlánticas en Europa, promovendo e defendendo os seus intereses, mentres que a RTA, onde participa o CES Galicia, é unha plataforma de cooperación da sociedade civil dentro do espazo Atlántico e está composta tanto por CES españois como franceses.