O CES-Galicia participou hoxe, representado polo presidente e o secretario xeral, nunha reunión virtual do grupo de traballo da Rede Transnacional Atlántica (RTA) encargado da elaboración dun documento sobre a macrorrexión atlántica.
Na xuntanza telemática, na que participaron representantes dos CES españois e franceses que fan parte da organización, analizouse un borrador do documento e avamzouse no mesmo de cara a telo rematado para a súa aprobación no vindeiro Comité de Orientacións da RTA, que se vai celebrar en Salamanca os días 30 e 31 de xaneiro.
