Reuníon do comité de orientacións da RTA en Bilbao

O CES Galicia ven de participar (a través do seu presidente e secretario xeral) na reunión do comité de orientacións da RTA celebrado en Bilbao entre os días 1 e 2 de decembro. Na reunión, á que asistiron por parte española os CES de Andalucía, Castela e León, Extremadura e País Vasco, mentres que por parte francesa contouse coa participación dos CES de Nouvelle Aquitaine, Países del Loira, Bretaña, Normandía, y Centre-Val de Loire, así como co Foro Oceano de Portugal, levouse a cabo a aprobación definitiva do documento elaborado polo grupo de traballo (hacia una revisión de la TEN-T para el espacio atlántico) cuns cambios introducidos pola parte portuguesa, e discutiuse sobre o novo tema a abordar nas próximas reunións, acordando que a seguinte se leve a cabo en Cádiz.

Hai que lembrar que a RTA É unha plataforma de cooperación da sociedade civil dentro do Espacio Atlántico. Constituise oficialmente el 19 de setembro de 2003 no transcurso da primeira sesión do seu órgano plenario, o Comité de Orientacións.

Esta red transnacional está composta polos Consellos Económicos e Sociais das rexións do espacio atlántico, ou por organismos rexionais análogos para o caso das rexións atlánticas que non contan con este tipo de institucións.

A RTA ten como principal obxeto o desenrolo da cooperación entre os socios profesionais representantes da sociedade civil no Espacio Atlántico, coa finalidade de influir sobre as políticas europeas con incidencia sobre a fachada atlántica.

A Red Transnacional Atlántica manten unha relación de colaboración coa Comisión do Arco Atlántico (CAA) da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa.

No acto participou a Secretaria xeral de Acción Exterior do Goberno Vasco, Mariam Elorza, que impartiu unha conferencia sobre “Retos a Medio Plazo del Arco Atlántico”.