Responsables de sanidade e saúde pública comparecen para explicar o anteproxecto de lei de protección de menores

Como parte dos traballos de elaboración do ditame do CES sobre o anteproxecto de   lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, que ven de ter entrada recentemente, hoxe celebrouse unha compareceron na sesión da Comisión sectorial nº2 de dúas representantes de Sanidade para explicar aos membros o contido do texto legal. En concreto, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, compartiron na xuntanza a filosofía, a razón de ser da norma que se está a elaborar e os seus principios básicos, ademáis de explicar polo miúdo as súas principais novidades.

Na imaxe, as comparecentes co presidente de turno da comisión e o presidente do CES.