Responsables da Administración presentan diante da Comisión sectorial 1 o Plan director do sector forestal, sometido a ditame do CES

Os membros da Comisión sectorial nº 1 do CES asistiron a comparecencia de responsables da Administración para explicar o Plan director do sector forestal galego, como paso preliminar para a elaboración dun ditame deste organismo consultivo sobre o documento.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Alfredo Fernández Ríos, acompañado da xefa do Servizo de Promoción Industrial da Consellería de Economía e Industria, Belén Yáñez Barge, e do profesor da Universidade de Vigo Juan Picos Martín, que participó na redacción do anteproxecto do plan, explicaron na sesión a filosofía da iniciativa e pormenorizaron o seu contido.

Coas súas explicacións, os membros puideron facerse unha idea moi completa do plan sectorial, os seus obxectivos e prazos e as implicacións que terá para a actividad forestal en Galicia. As aportacións das distintas organizacións servirán para elaborar o ditame do Consello.