Arropado por unha nutrida representación de cargos institucionais, políticos, das organizacións sindicais e empresariais, de destacadas firmas de varios sectores e persoeiros do eido académico, o CES presentou o seu informe Galicia na rede básica transeuropea de transporte de mercadorías. Retos estratéxicos de futuro, que recolle as propostas do organismo sobre o corredor atlántico.

Con este documento, o Consello suma a súa voz á vontade expresada por moi disitintos organismos, colectivos e representantes ao máis alto nivel para que o noroeste peninsular esté incluído na rede básica europea como elemento indispensable para garantir o futuro destas rexións.
Nunha mostra da total unión de todo o entramado socioeconómico e institucional de Galicia arredor deste asunto, o Pleno do CES acolleu unha destacada representación da sociedade galega. Xunto ao presidente do Parlamento e o vicepresidente da Xunta de Galicia, a presidenta do CES estivo acompañada tamén polos secretarios xerais de Comisións Obreras e CIG, ademáis do representante de UGT; polo presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra e vicepresidente da CEG; polos reitores das universidades galegas; por responsables das autoridades portuarias de Vigo, A Coruña e Vilagarcía; e por preto de medio cento de persoeiros do eido socioeconómico.
Como salientou a presidenta do CES no acto, a foto final é unha mostra da total unanimidade de Galicia, e do conxunto do noroeste peninsular, sobre a necesidade de que esta rexión quede conectada á rede transeuropea e non perda unha oportunidade básica para o seu futuro.
O documento completo pode consultarse na web do Consello.