Representantes da economía social visitan o CES

Representantes do Foro pola economía social galega –que agrupa á Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego ( Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia ( Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia ( Aeiga)– visitaron o CES e, nunha entrevista coa súa presidenta, plantexaron a posibilidade de incorporación da representación deste colectivo no Consello.