O Comité Executivo da Rede Transnacional Atlántica (RTA) celebrou hoxe a súa primeira reunión baixo a presidencia do CES-Galicia. Na sesión, en formato de videoconferencia, acordouse a nova composición do grupo de traballo sobre emigración que está a elaborar a organización. A presidencia do grupo de traballo correspondeu á presidenta do CESER Pays da Loire, mentres que como vicepresidenta foi designada Carmen Marrero, do CES de Canarias. O grupo continuará co seu traballo para presentar o seu informe en breve.