O presidente do CES-Galicia participou, xunto aos seus homólogos dos outros Consellos autonómicos e diversos invitados, na xornada de celebración do 30º aniversario da creación do Consello Económico e Social de España. Representantes institucionais e axentes económicos o sociais participaron nun acto presidido polo Rei Felipe VI, que salientou a importancia do organismo como “fogar de consenso e diálogo”.
Para esta tarde está prevista unha reunión das presidentas e presidentes dos CES para o intercambio de experiencias sobre a actividade e o papel dos Consellos na sociedade.
Na imaxe, os responsables dos CES posan ao remate do acto con Felipe VI e a ministra de Trabajo y Economía Social, Yolanda Díaz.