O presidente comparece na Comisión parlamentaria de orzamentos para explicar os proxectos e as contas previstas para 2020

O presidente do CES-Galicia, Agustín Hernández, compareceu onte na Comisión parlamentar de orzamentos para explicar os proxectos do organismo para o exercicio de 2020 e as contas previstas para levalos a cabo.

Hernández, que nestas semanas que leva no cargo mantivo reunións coas distintas organizacións representadas no Consello e con otras institucións, lembrou na comparecencia o valor do consenso como elemento diferenciador e pauta de traballo deste organismo, nunha liña de actuación que ven desde a súa creación e que vaise manter.

Logo de dar conta dos documentos aprobados neste ano, o presidente adiantou os informes nos que está a traballar o CES e as previsións para estes vindeiros meses. Entre outros, fixo referencia ao impacto turístico da Ruta da Plata, a un informe sobre a situación da muller, ao seguimento da situación da industria manufactureira ou a un estudio integral sobre o medio rural. Todos estes traballos, así como os ditames que se requiran desde a Xunta, serán elaborados desde a premisa da independencia do organismo, insistiu Hernández.

Logo dun incremento de preto do 4%, o orzamento do CES para 2020 asciende a 993.031 euros, un lixeiro aumento que é consecuencia da suba da partida destinada a gastos de persoal e da partida para atender os gastos previstos para a celebración dos 25 anos da creación do CES, que se cumplirán no vindeiro verán. “Este incremento vai levar aparellado un impulso da actividade do organismo sobre todo no ámbito dos informes a realizar a iniciativa propia e tamén no relativo a realización de xornadas de debate sobre temas económicos e sociais de interese xeral”, explicou o presidente.

Nas súas intervencións de resposta, os voceiros dos distintos grupos da Cámara gabaron o labor do Consello, insistiron na súa importancia como foro de diálogo da sociedade civil e lembraron a necesidade de manter a súa independencia.