O Pleno do CES aprobou na súa sesión de hoxe por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, en reunión celebrada en modo telemático. No seu pronunciamento, o Consello destaca a valoración positiva da iniciativa e entende que a ordenación das áreas empresariais é un elemento importante dentro da ordenación do territorio que merece unha lei específica.
O Pleno do CES aprobou na súa sesión de hoxe por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, en reunión celebrada en modo telemático. No seu pronunciamento, o Consello destaca a valoración positiva da iniciativa e entende que a ordenación das áreas empresariais é un elemento importante dentro da ordenación do territorio que merece unha lei específica. Dentro desa valoración positiva xeral, nas súas consideración xerais o CES bota en falta, entre outros aspectos, a posibilidade de deseñar estratexias que fomenten as conexións ferroviarias de diferentes áreas empresariais coa rede existente para lograr unha verdadeira integración e facelas máis atractivas e competitivas, ou mesmo contemplar a conexión intermodal cos portos, aeroportos e plataformas loxísticas.
A maiores, o Consello plantexa máis dunha vintena de consideración particulares a aspectos concretos de distintos artigos do anteproxecto, que van da necesidade de introducir un apartado sobre o fomento da intermodalidade, a mobilidade sostible ou a accesibilidade á modificacións nos supostos de tramitación de urxencia ou a colaboración entre as distintas administacións para a xestión e mantemento das áreas empresariais.
Ditame sobre o anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia