Unha recepción oficial no Parlamento de Andalucía puso o realce institucional á reunión que mantivieron en Sevilla os presidentes e secretarios xerais dos Consellos Económicos e Sociais das rexions atlánticas de España e Francia agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA). Con esta xuntanza na capital andaluza, estes organismos consultivos reforzan os seus vencellos e apostan por seguir traballando xuntos en beneficio dos colectivos económicos e sociais das rexións do arco atlántico continental. O encontro foi o marco para a reunión do Comité de orientacións da organización, o seu máximo órgano de decisión. O CES-Galicia estivo representado polo seu presidente, Agustín Hernández, e o secretario xeral, Manuel Martínez.
Na imaxe, foto de familia dos presidentes e secretarios xerais.