Responsables do Consello Económico e Social de Galicia, xunto cos seus homólogos dos outros CES de España que fan parte da Rede Transnacional Atlántica (RTA), mantiveron hoxe unha reunión telemática para preparar a vindeira sesión do Comité de Orientacións da organización, que se celebrará na localidade francesa de Rouen. Entre autros asuntos, os CES españois debateron a proposta que presentarán os socios españois para o cambio na presidencia da RTA, que está previsto para esa sesión.