Os Consellos Económicos e Sociais españoles que fan parte da Rede Transnacional Atlántica (RTA) -Andalucía, Castela e León, Estremadura, País Vasco e Galicia- mantiveron hoxe unha reunión, a través de videoconferencia, para coordinar as súas posicións de cara ao vindeiro Comité Ejecutivo da organización internacional.
Entre outros asuntos, nesta xuntanza preparatoria, os participantes analizaron a estratexia común que seguirán para a realización do documento de traballo sobre a macrorrexión atlántica que está elaborando a RTA e valoraron distintos aspectos relacionados coa celebración do I Foro RTA, que tendrá lugar na cidade de Huelva en outubro.