O recentemente nomeado presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez Álvarez, estreou o seu novo cargo explicando os presupostos do organismo para o vindeiro exercicio nunha comparecencia na comisión parlamentaria de Orzamentos, no marco das sesións informativas en relación co Proxecto de lei de Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Pérez salientou que un dos seus obxectivos para o seu mandato é acadar un maior achegamento do Consello á cidadanía e promover o valor do esforzo conxunto de todos os membros polo consenso nás súas opinións.
O presidente sinalou que as contas do CES serán similares ás de este exercicio, cun incremento que estará preto do 4%, e expresou a súa convicción de que servirán para cumprir coas funcións encomendadas ao organismo consultivo e abordar os proxectos en marcha.
Na súa intervención, Manuel Pérez fixo tamén un repaso á actividade do Consello ao longo deste ano e apuntou algunhas das actuacións que están previstas para 2024, nun calendario que aínda está pendente de concretar e aprobar polo Pleno do organismo.
Os voceiros dos tres grupos parlamentarios salientaron a importancia do traballo do CES, do seu compromiso con Galicia e a súa independencia.