As adiccións que afectan a mocidade son un problema crecente que require unha atención integral, un enfoque holístico para a súa abordaxe. Así o puxo de manifesto o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez, nunha xornada sobre “Adicccións e xuventude” que, organizada pola Unións de Consumidores de Galicia, se celebrou hoxe en Santiago. Todos os expertos insistiron na crecente dimensión do problema e que cómpre adoptar unha serie de accións conxuntas desde distintas perspectivas.
Os expertos que se deron cita na reunión, que pertencían aos eidos da educación, das familias, da neurociencia, da psiquiatría ou mesmo do dereito insistiron tamén na necesidade de dotar de máis recursos ao sistema de saúde, particularmente na saúde mental, e ao eido educativo pra abordar estas adiccións dun xeito holístico, conxunto.
A xornada rematou cunha intervención do director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.