“Equilibrio é a palabra clave. Entre desenvolvemento e preservación do entorno, entre rendibilidade e respeto pola cultura e as persoas, entre actividade económica e desenvolvemento sostible”. Así expresou o presidente do CES a súa opinión sobre os retos do turismo no marco dunha xornada que, baixo o título “A sustentabilidade do turismo en Galicia. Os riscos da turismofobia” e coa organización da Unión de Consumidores de Galicia, celebrouse onte la localidade lucense de Sober.
No encontro, Manuel Pérez indicou que o reto é facer do turismo unha expresión de convivencia, non de conflito; unha oportunidade para mellorar a calidade de vida das persoas e non para poñerla en risco. “E nese camiño, as institucións, as empresas, as asociación e a cidadanía temos que traballar xuntos”, concluíu.
O presidente salientou tamén que “desde o Consello Económico e Social cremos firmemente que o desenvolvemento sostible —económico, social e medioambiental— non é só un obxectivo, senon unha forma de entender o progreso”.
Nas distintas ponencias da xornada e nas mesas de debate prantexadas, expertos e asistentes tiveron oportunidade de analizar, debater e buscar solucións efectivas a dúas cuestións de máxima relevancia:
Por unha banda, o turismo sustentable, co establecemento de estratexias e ferramentas para asegurar que a actividade turística siga sendo un motor económico, respectuoso coa contorna e beneficiando ao conxunto da sociedade.
Por outra, cunha clara posición de rexeitamento da turismofobia, porque, como indicaron, a actividade turística, ben xestionada, é un ben común e cómpre ser proactivos rexeitando e desmontando as mensaxes turismófobas e sen fundamento que poden acabar estigmatizando un sector vital para Galicia.
O obxectivo do encontro foi atopar iniciativas enfocadas na aplicación práctica e na xeración de follas de ruta válidas para administracións locais e representantes do sector.
Na imaxe, desde a dereita, o presidente do CES, Manuel Pérez; a representante do Consello Galego de Consumo no organismo Rosa Otero; e o organizador do encontro e tamén membro do CES, Miguel López Crespo (UCGAL).