O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, participou na clausura do Foro Galego de Seguridade e Saúde Laboral, que se celebrou hoxe en Santiago, organizado polo Confederación de Empresarios de Galicia. Na xuntanza, abordáronse diferentes aspectos do novo marco laboral que determinarán os novos modelos de traballo, a intelixencia artificial ou os riscos emerxentes en materia de seguridad e saúde laboral.
O presidente do CES, diante da anunciada reforma da Lei de Prevención de Riscos Laborais, apostou polo cambio de nome do texto como Lei de Seguridade e Saúde, que poñería o enfoque no ben xurídico protexido e supoñería a consolidación dun dereito claramente laboral na relación de traballo.
Manuel Pérez salientou igualmente a importancia da negociación colectiva para mellorar a saúde nas contornas do traballo e a necesidade de incorporar na reforma da lei aspectos completamente novos como consecuencia das innovacións normativas provenientes da lexislación internacional do traballo e da aparición de novos riscos: os riscos psicosociais esixen un capítulo especial, independentemente da súa transversalidade nos procesos de avaliación de riscos.
Tamén a superación do patrón masculino que se observa na LPRL: a incorporación masiva da muller ao chamado “traballo produtivo” non foi acompañada no campo da saúde laboral de modificacións normativas específicas, agás o avance que supuxo a Lei 1/2023, non especificamente laboral.