O presidente do CES lembra a preocupación do organismo polo envellecemento da poboación nunha xornada sobre demografía en Portugal

O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, lembrou que, desde hai anos, o organismo está a alertar do problema do envellecemento da poboación e do poco éxito das políticas públicas neste eido. Nunha xornada organizada polo Eixo Atlántico para presentar unha axenda de propostas para combater o despoboamento no interior de Galicia e no Norte de Portugal celebrada na localidade lusa de Mirandela,Hernández insistiu en que, “ano tras ano, o CES está a poñer de manifesto, en particular nas Consideracións da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia, a necesidade de políticas activas para parar o envellecemento dos nosos territorios”.

O responsable do Consello incidiu nos escasos resultados das políticas públicas desplegadas ata agora e apuntou que “a situación, logo de máis de 20 anos está lonxe de mellorar, o que fai necesario celebrar foros de reflexión como este”.

Estas reflexións foron parte do debate das medidas para o reto demográfico que tivo lugar onte entre responsables políticos e os colectivos do interior que participaron na elaboración do informe. O traballo presentado polo Eixo Atlántico é a primeira axenda de propostas para combatir o despoboamento reforzando o eixo interior, que va desde Lugo hasta Mirandela (Trás-os-Montes), e favorecer a cohesión do territorio.

A xornada reuniu a responsables políticos dos dous países, á redactora do estudio, a catedrática da USC e responsable do Observatorio de Dinamización Demográfica de Galicia María Xosé Rodríguez Galdo, e a 80 persoas dos colectivos que traballan nese eixo entre Lugo e Mirandela.

A axenda contén medidas de carácter social, económico, de creación de servizos, aspectos relacionados coa educación e a infancia e vencelladas ao asentamento de poboación en idade reproductiva, así como políticas relacionadas coa tecnoloxía e a loxística para favorecer a creación de emprego e o emprendemento neste territorio.

Na imaxe, Agustín Hernández durante a súa intervención.