Colaboración e cooperación entre as empresas, as distintas administracións, o ámbito académico e o conxunto da sociedade é a fórmula imprescindible para abordar os retos que as novas realidades do mundo dixital prantexan hoxendía. Así púxose de manifesto na xornada “Ciberseguridad: Protección de los ciudadanos y crecimiento económico”, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración co Consejo Económico y Social de España (CES) e na que participou o presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez.
O acto serviu tamén para presentar o informe gañador do premio de investigación do CES de España na súa XXII edición: “Guardianes digitales para un crecimiento sostenible: ciberseguridad y protección ciudadana en la era de la transformación digital” elaborado por un equipo de profesores galegos dirixidos por Alberto Vaquero.
A xornada contou tamén coa participación da Delegación del Gobierno en Galicia, a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Cátedra Economía de la Ciberseguridad – CECOCIB USCINCIBE, el Premio de Investigación CES España, INEO – Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de Información y Comunicación, CSIRT.gal y CIBER.gal, así como Pintos & Salgado Abogados, Plexus Tech, Masorange en Galicia e Hijos de Rivera.
Na imaxe, desde a esquerda, o presidente do CES, Antón Costas; o presidente da CEG, Juan Vieites; e o presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez.