O presidente do CES-Galicia participa na inauguración da xornada sobre a ordenación do litorial organizada polo IDEGA

O presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez, salientou a importancia do mar para a cultura e a idiosincrasia de Galicia durante a súa intervención na inauguración da I Xornada internacional de economía azul e ordenación do espazo litoral de Galicia, organizada polo Insittuto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)  da Universidad de Santiago de Compostela (USC) e o CES, que se celebrou hoxe na sede do organismo consultivo. Con iniciativas como ésta, os promotores buscan poñer en valor os coñecementos e as capacidades das distintas administracións e entidades na xestión da líña de costa e os aproveitamentos socioeconómicos deses espazos.

En presencia da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e do director do IDEGA, Rubén Lois, Pérez lembrou a necesidade de que o ordenamento do litoral  aproveite todas as súas potencialidades sen que ningún colectivo ou actividade resulte prexudicado.