O presidente do CES-Galicia explica no Comité Executivo da RTA o estado do informe sobre demografía que está a elaborar a organización

O presidente do CES Galicia, Manuel Pérez, foi invitado a participar no comité executivo da RTA (composto polos representantes do CESER Bretagne, CESER Normandía, CES Andalucía, CES Extremadura) para explicar os avances do grupo de emigración que preside, e que se está a encargar de elaborar o informe sobre demografía. 

Na sesión púxose de manifesto o frutífero das reunións levadas a cabo ata de agora, cómo se recompilaron os datos dos CESER/CES da RTA, o modelo de ficha empregado e os eixos escollidos para o informe, os cales serán propostos a tódolos CESER/CES na próxima reunión de traballo.