O presidente do CES Galicia, Manuel Pérez Álvarez, acaba de ser elixido por unanimidade, no último comité de orientacións da RTA celebrado en Rouen, presidente da RTA.
A RTA, constituida no 2003, é unha plataforma de cooperación da sociedade civil dentro da fachada atlántica e está composta polos CES/CESER das rexións atlánticas (Canarias, Andalucía, Extremadura, Galicia, Castela e León, País Vasco, Bretagne, Normandia, Pays de la Loire, Nova Aquitania, Centre Val de Loire, Forum océano de Portugal).
Manuel Pérez salientou o agradecemento por este nomeamento e en particular ao presidente saliente Patrick Caré, a súa labor durante estes anos.
Entre os obxectivos do seu mandato, Manuel Pérez salientou a necesidade de reforzar o coñecemento mutuo entre os membros, aumentar a visibilidade e influencia da RTA, e impulsar a incorporación de novos membros á rede, así como o compromiso de traballar naqueles temas que teñan impacto social e sirvan para o impulso da rexión atlántica.