O presidente do CES-Galicia dirixirá o grupo de traballo sobre emigración da RTA

O presidente do Consello Económico e Social de Galicia será o encargado de liderar o grupo de traballo sobre emigración que está a desenvolver a Rede Transnacional Atlántica (RTA). Na reunión do Comité Executivo da organización celebrada hoxe, Manuel Pérez foi elixido como presidente do grupo que elaborará un informe sobre “Os retos demográficos e as migracións en las regiones atlánticas”. A vicepresidencia corresponde ao CES do Pays de Loire e o CES de Canarias será un dos relatores.

O informe prantexado tratará de identificar a problemática, os puntos en común das rexións, as súas diferencias, o desafío da migración nas rexións atlánticas e tentará avanzar propostas sobre as políticas necesarias para afrontar os cambios demográficos.