O presidente do CES-Galicia foi o encargado de clausurar a xornada sobre “A fiscalidade dos alimentos: Retos e realidade no sector primario” que, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal), tivo lugar hoxe no santiagués Pazo de San Roque. O evento contou con destacados expertos do eido académico e coa participación de representantes dos sectores agrario e pesqueiro que afondaron nunha realidade complexa e que afecta directamente aos prezos que ten que pagar os consumidores. Todos insistiron na necesidade de priorizar unha dieta saúdable, coa posta en valor da dieta atlántica, o xeito de alimentación tradicional en Galicia, cunha notable presencia de carne de calidade e a enorme variedade da peixe das nosas costas.
