O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, entregou este mediodía ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2021. Acompañado polo presidente de turno da comisión sectorial encargada do traballo, o representante do sindicato CC.OO. Xesús Castro, o presidente explicou o contido do documento e repasou algunhas das consideracións que recolle. Hernández fixo entrega tamén de tres exemplares máis para os distintos grupos parlamentarios.
