O presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez, foi o encargado de abrir a sesión de hoxe do Pleno do Observatorio Galego da Dinamización Demográfica, que tivo lugar na sede do organismo en Santiago. Na reunión, os membros do observatorio aprobaron o seu informe anual, nesta ocasión adicado á mobilidade e ás migración en Galicia.
No documento analízanse aspectos como os movementos migratorios recentes na comunidade ou as tendencias recentes na emigración xuvenil nas áreas rurais galegas. Outros temas que se recollen no informe son a relación entre envellecemento demográfico e inmigración en Galicia; a dimensión da fuga de capital humano e como reverter este proceso; a evolución da emigración galega ao exterior e políticas autonómicas de retorno; ou a inmigración e a súa relación co mercad laboral.mercado laboral.