O Pleno aproba por unanimidade a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024

A Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2024 foi aprobada, por unanimidade, polo Pleno do Consello Económico e Social de Galicia na súa sesión de hoxe. Os membros do CES respaldaron o documento anual sobre a realidade socioeconómica da Comunidade Autónoma que recolle as valoracións consensuadas polos axentes da sociedade civil organizada.

Estruturada, como ven sendo habitual nos últimos anos, en cinco grandes capítulos, a Memoria do CES analiza o panorama económico, o mercado de traballo e as relacións laborais, o dinamismo de tecido produtivo, a calidade de vida e o benestar social o os recursos e capacidades para o desenvolvemento.

Na parte valorativa, o documento aprobado inclúe as opinións e consideracións dos membros deste organismo consultivo sobre os diferentes aspectos abordados, puntos de vista consensuados entre organizacións e sensibilidades moi diferentes, que traballaron para acadar propostas de consenso.

A Memoria sobre a situación económica a social de Galicia 2024 estará a disposición das persoas interesadas nesta páxina web nos vindeiros días.

Nas imaxes, os membros do CES durante a sesión plenaria e foto de familia logo da aprobación da Memoria 2024.